Saturday 11 de May de 2024

Teatro Andaravía representará a obra “Maniféstate!” mañá sábado en Brión


O salón de actos do Centro Social Polivalente de Brión acollerá mañá sábado 13 de maio, ás 20:30 horas, a representación de “Maniféstate”, un espectáculo de Manuel Cortes dirixido por Paula Carballeira e interpretado por Andaravía Teatro (Vedra). Unha peza dirixida a todos os públicos e de entrada libre e de balde.

Trátase dunha actuación que está incluída dentro da XXVII Feira do Libro organizada polo Concello de Brión, coa colaboración da Deputación da Coruña e do programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.